O concello de Piñor recupera a visita a Pazolandia este Nadal

Tras varios anos sen levar a cabo esta actividade, por mor da pandemia do COVID19, o Concello de Piñor recupera a visita a PAZOLANDIA, levándoa a cabo o vindeiro mércores 28 de decembro.

Pazolandia é unha iniciativa da Diputación Provincial de Ourense e consiste no maior parque de atraccións  de Galicia, sito no Pabillón dos Deportes Paco Paz (Ourense). Ofrece ademais de atraccións das máis diversas (para nenos e nenas de tódalas idades), talleres moi variados (tatuaxes, chapas….) e algún posto de comida e bebida.

AVANTAR ACTIVIDADES

Pola seguridade dos máis cativos, prégase que os menores de 8 anos acudan cun acompañante adulto.

Dende o Concello de Piñor levarase a cabo a visita a Pazolandia o mércores 28 de decembro, con saída ás 10h dende o Centro Social de Albarona, e con volta ás 14:30h nesa mesma ubicación.

As bases de inscrición están publicadas na sede electrónica do concello. Cóntase con prazas limitadas e o prazo de inscrición permanecerá aberto dende o 19 de decembro ás 10h ata o 23 de decembro ás 13h.

Máis información e inscrición nos Servizos Sociais.