O Centro Comercial Aberto trae a Papá Noel, un tren de Nadal e sorteos para todos

A campaña de Nadal do Centro Comercial Aberto xa está en marcha un ano máís, para encher de maxia as rúas e sorprender ós máis pequenos da casa. Ata o vindeiro 6 de xaneiro, mercar nos establecementos asociados ten sorpresa, e tamén pode ter premio.

Por outra banda, a animación. Mañá mércores contaremos ca visita de Papá Noel, pola mañá dende as 11:00 horas ata ás 13:30 horas e pola tarde, dende as 17:00 horas ata as 19:00 horas. Logo fará unha recepción na Praza Maior.

AVANTAR ACTIVIDADES

O xoves e venres teremos o Tren de Nadal, para o que poderán conseguir a súa entrada mercando nos establecementos asociados.

Ademais, o 6 de xaneiro celebrarase un sorteo de 1.500 euros en vales de compra. As papeletas para participar poderán conseguirse ó mercar no comercio local e os gañadores coincidirán cos números premiados da lotería de Reis.