A Ourense ICC Week celebrará do 17 ao 23 de abril de 2023 a súa novena cita coas industrias culturais e creativas

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, anunciou as datas da próxima edición tralo encontro mantido esta mañá no Pazo Provincial co coordinador técnico do evento, Juan Rivas, o vicepresidente segundo do goberno provincial, César Fernández, e o asesor de Cultura, Aurelio Gómez

Manuel Baltar destaca o traballo de organización que se está a facer “para superar o listón da última edición da ICC Week, que superou todas as expectativas tras reunir a máis de 9.000 persoas nas distintas actividades programadas”

AVANTAR ACTIVIDADES

Entre as liñas clave da ICC Week 2023 estará a aposta pola creatividade, o talento xove e referencial para as novas xeracións, unha programación descentralizada ou as citas musicais

Ourense, 20 de decembro de 2022.- A Semana das Industrias Culturais e Creativas, a Ourense ICC Week, celebrará a súa novena edición en abril de 2023 cunha ampla programación que se desenvolverá entre os días 17 a 23, convertendo de novo á capital e á provincia en punto de referencia dos movementos culturais máis vangardistas. 

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, anunciou as datas da próxima edición da ICC Week trala reunión que mantivo esta mañá no Pazo Provincial co coordinador técnico do evento, Juan Rivas, o vicepresidente segundo do goberno provincial, César Fernández, e o asesor de Cultura, Aurelio Gómez Villar.

Manuel Baltar asegura que a ICC Week 2023 reafirmará “o carácter creativo dun territorio onde a cultura se espalla polas máis diversas expresións artísticas, incluídas as novas tecnoloxías, o que nos converte en centro de atención e permite contar coa participación dos máis destacados especialistas en cada materia”.

O presidente da Deputación avanza que a ICC Week 2023 reforzará a descentralización da súa programación, incluíndo diferentes puntos da provincia de Ourense dentro da “nosa decidida aposta polo territorio” e incide na reivindicación do talento xove, as novas linguaxes e sumar a referencias das novas xeracións, na mesma liña que motivou na pasada edición, por exemplo, o encontro na Escola de Vilamarín con profesionais de primeiro nivel da gastronomía galega. 

Manuel Baltar destaca o traballo que se está a facer desde a coordinación técnica e o departamento provincial de Cultura “para superar o listón da última edición da ICC Week, que superou todas as expectativas tras reunir a máis de 9.000 persoas nas distintas actividades programadas”.

Espectáculo no Paco Paz e grupos musicais na sesión vermú

O encontro desta mañá serviu para avanzar nos detalles da programación dunha semana de actividades que terá de novo ao Pazo dos Deportes Paco Paz como un dos escenarios máis relevantes, tal e como sucedeu na última edición co concerto do grupo Hombres G. Tampouco faltará a esta cita a sesión vermú, unha proposta n