O PP de Ribadavia reclama un bono comercio para fomentar as compras

O Partido Popular de Ribadavia presenta unha moción ao Pleno do concello para solicitar ao goberno municipal que poña en marcha unha campaña de Bono Comercio para dinamizar o consumo no comercio local. Os populares sinalan que este tipo de iniciativa púxose en marcha por primeira vez no Nadal do ano 2020, gobernando o Partido Popular de Ribadavia, e demostrouse a súa eficacia para dinamizar o consumo no comercio local, xa que foi unha iniciativa moi ben valorada tanto polos comerciantes como pola veciñanza en xeral.

A día de hoxe, a piques de rematar o ano 2022 vemos como dende o concello non se puxo en marcha ningunha campaña deste tipo e non podemos entender o porqué desta decisión do goberno municipal tendo en conta o éxito desta campaña nos anos anteriores. Os populares consideran que o bono comercio debería terse posto xa en marcha pero, xa que isto non foi así porque o goberno municipal non o entendeu oportuno, os populares solicitan nesta moción que se poña en marcha unha campaña de bono comercio para dinamizar o consumo no comercio local.

AVANTAR ACTIVIDADES