Video da Gala de Nadal da Anpa do Vila do Arenteiro adicada este ano a Aspadisi

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos do colexio Vila do Arenteiro celebrou a oitava edición da súa Gala Benéfica de Nadal. Neste caso, todo o recaudado, irá destinado á asociación de persoas con discapacidade Aspadisi do Carballiño. A entrada tiña un custo de 5 euros, e adquiririase no propio colexio, contactando ca directiva da ANPA ou na taquilla. Para os que non poideron acudir e quixeron colaborar, puderon facelo mediante a fila 0, é dicir, unha doazón directa.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A gala foi o pasado domingo, ás 19:00 horas no Auditorio Manuel María. Estuvo presentada polo grupo de teatro Dar Trela e contaron cas actuacións do Mago Martín, de Alís Vázquez e Antía Mazaira, co grupo Terras do Arenteiro, con Noemí Duro, IALMA 19, o conservatorio de música do Carballiño e o grupo de baile e música tradicional de Maside.