Comunicado de Aspadisi: “A Xunta de Galicia aproba a concesión dunha subvención de 654.735 € para a nova residencia”

NOTA DE PRENSA DE ASPADISI

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da concesión de axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro da Xunta de Galicia. Estas subvencións están destinadas á creación de novos centros de atención a persoas maiores, dependentes ou con discapacidade, e para a remodelación e adaptación de equipamentos xa existentes, xestionado por esta consellería.

AVANTAR ACTIVIDADES

Unha delas está destinada á Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade do Carballiño (Aspadisi), por unha contía de 654.700 euros.

Esta será unha das principais fontes de financiación coas que conta a entidade, sumado á colaboración doutras administracións como a Deputación de Ourense e o concello do Carballiño, outros concellos das comarcas da contorna, empresas privadas e entidades, así como as aportacións persoas de todos os que quixeron colaborar.

Recordamos que esta nova residencia está na primeira planta do seu actual centro ocupacional e contará con 32 prazas, distribuídas en 16 habitacións dobres. As obras seguen o curso previsto, aínda que na última semana presentaron un leve retraso a causa das datas de Nadal.

Ademais de ser un soño a creación desta residencia, é unha necesidade, xa que os usuarios teñen unha idade avanzada que ronda os 40 anos, e por conseguinte, a idade dos seus proxenitores é tamén avanzada.

O seguinte paso unha vez rematen as obras será a adquisición de mobiliario e menaxe necesarios para o seu funcionamento. Todo será da mellor calidade, sen escatimar en gastos.

En canto á financiación, polo de agora temos suficiente para rematar a obra. Por iso, precisamos crear un fondo económico para o momento da posta en marcha da residencia, co custe de persoal que suporá e ca falla de ingresos ó non ter os suficientes usuarios ó inicio.

As doazóns servirán tamén para que aqueles usuarios que non poidan alcanzar cos seus ingresos para pgar o prezo da praza poidan ter unha especie de beca

Por iso, aproveitamos  para recordar que está época é a mellor para facer doazóns e obter un beneficio, xa que todas as que se fagan antes de final de ano será retribuídas con beneficio fiscal na declaración da renda do vindeiro ano.

ENTIDADES BENEFICIADAS (DOG) PREMER NA IMAXE: