Comezou Ribanadal, todas as tardes en Ribadavia ata o 4 de xaneiro con entrada gratuita.

CONTINÚA A PROGRAMACIÓN CULTURAL DURANTE O NADAL EN RIBADAVIA.
O Concello de  Ribadavia valora positivamente o desenvolvemento das actividades durante o Nadal e destaca a boa acollida do programa de Conciliación que se está ofrecendo ás familias durante todo o periodo vacacional.
A tenente de alcaldía e Concelleira de Cultura, Paula Rodríguez destaca a boa acollida das actividades e recorda que esta tarde comeza tamén o Ribanadal, con actividades infantís diarias e de carácter gratuíto para os máis pequenos, no pavillón de deportes O Consello, en horario de de 16:30 a 19:30h e ata o 4 de xaneiro. Ademais recorda que ao mesmo tempo estanse celebrando outras actividades, como a exposición O Camiño Ilustrado, en colaboración coa Fundación A Banca, e que se pode visitar ata o 15 de xaneiro. Ademais, nesta semana, os máis pequenos poderán gozar dunha sesion de cine na Casa da Cultura o día 30 de decembro ás 17:00 horas.
– Xunto a RibaNadal, que abre todas as tardes, desde o Concello de Ribadavia tamén se puxo en funcionamento o servizo de conciliación escolar de Nadal todas as mañás de luns a venres.O Concelleiro responsable, Brais Fidalgo, valora moi positivamente a boa acollida que esta tendo, xa que na presente edición do programa de conciliación de Nadal chegouse a 55 matrículas, 16 máis que o ano pasado, o que obrigou ao Concello a ampliar as prazas previstas para acoller a todas as familias sen excluír a ninguén.
RIBANADAL E O PROXECTO DE CONCILIACIÓN DE NADAL TEÑEN LUGAR NO MESMO ESPAZO, NO PAVILLÓN DO CONSELLO DE RIBADAVIA.