O Carballiño amosa a súa solidaridade con Guadalupe Díaz a profesora falecida cun minuto de silencio na praza maior

A Praza Maior do Carballiño foi escenario iste mediodía dunha concentración de veciños e autoridades nunha mostra de sentida solidaridade en homenaxe a Guadalupe Díaz González, profesora do IES Nº1 e que faleceu no tráxico accidente do autobús ocurrido o pasado sábado na estrada N-541 ao seu paso pola provincia de Pontevedra.

No acto participaron o alcalde, Francisco Fumega, acompañado por Almudena Mosquera, directora do centro de ensino, representantes da Xunta, compañeiros, alumnos, concelleiros da Corporación e veciños, e consistiu nun minuto de silencio na lembranza da docente falecida.

AVANTAR ACTIVIDADES

Guadalupe Díaz, de 44 anos, nai de dous fillos de 8 e 5 anos de idade, era natural de Lugo e residía na localidade pontevedresa de Lalín, e a súa morte causou unha profunda conmoción entre os seus compañeiros e alumnos do Instituto carballiñés.

A profesora era unha dos nove pasaxeiros que viaxaban nun autobús de Monbus, que cubría a liña Lugo-Vigo e que se salíu da estrada e caeu ao río Lérez, no lugar de Pedre, no municipio de Cotobade. Só dúas persoas, o conductor e outra pasaxeira, lograron sobrevivir ao tráxico sinistro.

A concelleira de Educación, Guadalupe Sobrado, realizou unha valoración do acto.

Almudena Mosquera lembrou a personalidade e o traballo da profesora Guadalupe Díaz.