O estadio de fútbol de Espiñedo pasará a denominarse Wanda Mesego

O estadio de fútbol de Espiñedo pasará a denominarse Wanda Mesego unha vez rematen as obras de construción dun novo complexo polideportivo nas actuais instalacións, que está promovido pola corporación empresarial Wanda Group, cun investimento superior aos 100 millóns de euros. Este proxecto nace da intermediación que o presidente do Atlético de Madrid, Enrique Cerezo, levará a cabo cos directivos de Wanda Group, tralás conversacións mantidas por aquél co alcalde do Carballiño, Paco Fumega, e o presidente do C.D. Argimiro Marnotes, no encontro que tiveron co gallo do partido de copa do rei. O novo complexo disporá, entre outras dotacións, dun campo de fútbol con aforo para 10000 espectadores.

O grupo está liderado por Wang Jianlin

AVANTAR ACTIVIDADES