A alcaldesa de Ribadavia, ven de asinar un convenio co Presidente dos Establecementos Asociados do Ribeiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Dentro dos obxectivos marcados polo Concello está a dinamización comercial e o fomento da actividade, tratando de conquerir unha maior competitividad e a oferta dun comercio local rentable e de calidade a través de medidas que permitan melloralas condicions nas que se desenvolve a actividade comercial, a xestión dos establecementos e a cualificación do persoal.
​O obxectivo do presente Convenio o constitue definir un marco de colaboración entre o Concello de Ribadavia e a Asociación de Establecementos Asociados do Ribeiro para a realización de proxectos de interes mutúo para ambas institucións, dentro do ámbito das súas respectivas competencias:​
​1º O desenrolo de actividades de interes común.
​2º A realización de actividades conxuntas que teñan como obxecto a mellora e potenciación do comercio de Ribadavia.
​3º A realización de actividades propias da Asociacion que redunden en interes dos seus asociados.
Que polas razóns anteriormente expostas e co obxectivo de impulsar o comercio en Ribadavia, os intervenientes acordan formaliza-lo seguinte Convenio de Colaboración, que levan a cabo de acordo a diversas estipulacions.
A alcaldesa de Ribadavia comprométese a entregar a Asociación de Establecementos Asociados do Ribeiro a cantidade de 5.000 euros, de fondos propios, para gastos exclusivos de actividades de promoción do comercio local a traves de diversas campañas o longo do ano.

Noelia Rguez, declara que “hai unha cooperación e entendemento absoluto por incentivar o comercio local, nesta xuntanza acordouse a posibilidade de implementar a colaboracion a traves do bono comercio para épocas mais baixas para o comercio local, donde realmente hai que incentívar e reforzar os recursos para axudar cos meses de menos ventas”.

“Esta colaboracion é un esforzo importante para o concello e os comerciantes son parte fundamental da actividade da localidade, quero felicitalos por as accions que se levan a cabo para impulsar o comercio local e en especial polo mercadiño de Nadal, no que se fixo un esforzo moi importante, e que como alcaldesa, valoramos desde o concello esta iniciativa moi positivamente.”