Os veciños de Dacón escenificaron un ano máis o seu belén vivente na festividade do nadal

A localidade de Dacón acolleu onte, domingo, o Belén Vivente que as veciñas e veciños desta localidade do municipio de Maside escenifican dende hai 35 anos na festividade do Nadal. A ameaza de choiva motivou á organización a trasladar a representación dende a habitual ubicación na Carballeira da Garrida ata o adro da igrexa parroquial, que voltou a congregar a centos de visitantes chegados dende diferentes puntos da comarca e da provincia. O neno Xesús, María e Xosé, pastores, xudeos, romanos e artesáns, entre outros, protagonizaron esta tradicional cita navideña.

A concelleira de Cultura de Maside, Ana Belén Fernández, desempeñou a tarefa de reporteira para entrevistas aos veciños, coma foi o caso de Modesto:

AVANTAR ACTIVIDADES