O Concello de Piñor vai acondicionar o parque infantil de Cotelas, na parroquia de A Canda, proxecto financiado polos Fondos Next Generation UE a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, corresondente á primeira convocatoria de axudas para a promoción de estilos de vida saudables (PRTR-NGUE).
Con esta actuación o Concello de Piñor pretende a mellora do parque infantil existente coa instalación de novos xogos infantís, a instalación dun pavimento anti-impacto na zona onde se ubicarán os xogos e a sustitución do valado perimetral existente, co fin de fomentar estilos de vida saudables para os máis novos do lugar.
PROXECTO: ACONDICIONAMENTO PARQUE INFANTIL DE COTELAS
OBRA E FINANCIAMENTO: 20.000 €
RESOLUCIÓN FEMP: 17.11.2022