O PP de San Amaro mostra o seu apoio a concelleira Sandra Daparte

O Partido Popular de San Amaro quere expresar o agradecemento e apoio á concelleira Sandra Daparte González, edil do Partido Socialista de San Amaro que no pleno ordinario do mes de decembro presentou un escrito no rexistro onde comunicaba a decisión de deixar de formar parte do Grupo municipal socialista, así como o seu desexo de seguir formando parte da corporación municipal como membro non adscrito.

Reproducimos os motivos expresados:

AVANTAR ACTIVIDADES

“El motivo de mi decisión es la falta de comunicación, la falta de colaboración, la falta de compañerismo, la falta de información y la actitud autoritaria y de superioridad que está llevando a cabo el portavoz del grupo socialista, Carlos Pérez, con mi persona. El trabajo que deberíamos desempeñar como grupo es nulo ya que mi portavoz solo se reúne y trabaja con el concejal de Xuntos por San Amaro, dejándome al margen de toda actividad política”

Dende o grupo popular comprendemos e compartimos os motivos expresados pola concelleira, xa que Carlos Paz e Carlos Pérez sempre deixaron de lado as dúas compañeiras do Partido Socialista. Eles dous compórtanse na práctica como un grupo propio -solicitando, por exemplo, xuntos a documentación municipal ou mantendo sempre a mesma orientación de voto nas sesións plenarias-.

A edil Sandra Daparte leva un ano sen asistir aos plenos, pero sempre estivo informada por parte da Alcaldía da celebración e do contido dos plenos. Cremos que esta puntualización é necesaria para desmentir as publicacións do grupo Xuntos por San Amaro, onde a acusan de “levar varios meses votando cando o PP”. É unha mentira, como é habitual neles, xa que un concelleiro que non asiste a un pleno difícilmente pode votar nada.

A propia concelleira Sandra Daparte na sesión plenaria expresou o seu desexo de seguir a traballar polos veciños de San Amaro e responsabilizaba ao portavoz de Xuntos por San Amaro da destrucción do Partido Socialista en San Amaro, definindo ao seu antigo voceiro coma cómplice por permitir esta situación.

Dende o PP de San Amaro agradecemos a sensatez e a lealtade para cos veciños amosadas polas duas concelleiras, Sandra Daparte e Maria Jesús Fernández, cunha remarcable actitude positiva co grupo de goberno que as teñen levado a apoiar propostas consideradas como boas para a veciñanza de San Amaro, na mesma liña mantida polo grupo popular en relación coas iniciativas que nos presentaba o ex alcalde Rubén Gómez.

Quedan, por tanto, en evidencia e nunha soidade absoluta os concelleiros Carlos Paz e Carlos Pérez, como demostra que as propostas plenarias foron aprobadas sumando 7 votos a favor e 2 en contra.

Agardamos que o espíritu do Nadal chegue a estes dous concelleiros e no vindeiro 2023 cambien a sua actitude e comportamento, para ser capaces de construír e non de destruír como levan intentando facer ata o día de hoxe.