Marina Ortega alerta de que a precarización da sanidade pública provoca que a provincia teña duplicado as listas de espera rexistradas en pre pandemia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O GRUPO SOCIALISTA RECLAMA UN PLAN SANITARIO PARA OURENSE QUE GARANTA MEDIOS MATERIAIS E HUMANOS SUFICIENTES

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A parlamentaria socialista Marina Ortega vén de presentar unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que poña en marcha un Plan sanitario urxente para a provincia de Ourense. Ortega reclama “medios materiais e humanos suficientes” para reverter a situación de colapso sanitario nesta provincia, que ten duplicado as listas de espera rexistradas en pre pandemia, cos peores datos en 8 anos.

A parlamentaria socialista apunta que a recente dimisión do xefe de Pneumoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense é a guinda da grave situación da sanidade na provincia. Esta renuncia, dixo, deriva da falla de recursos humanos para atender á presión hospitalaria nun servizo que conta con menos de trinta camas para unha demanda de máis dun cento de doentes ingresados.

Ortega apunta ao comunicado emitido pola Comisión de Centro do CHUOU, alertando de que a precarización de Atención Primaria deriva pacientes ao servizo de Urxencias, que se atopa colapsado. Mentres, o servizo de Medicina Interna atópase “mal dimensionado e infradotado”, e soportando “sobreaforos de máis de 80 pacientes diarios” dende fai meses, e unidades de hospitalización pechadas definitivamente.

Reclamoulle á Xunta que informe “de inmediato” sobre a situación no CHUOU, así como das consecuencias para os hospitais comarcais de Verín e Valdeorras. Engade que as consecuencias da falla de xestión do goberno galego “repercuten directamente nas listas de agarda” que padecen os pacientes “incluso en Atención Primaria”, e que fai que Ourense rexistre “dos peores datos en canto a listas de espera”.