O concello do Carballiño felicitará o novo ano cun spot de promoción turística da vila no programa especial de fin de ano da Tvg

O Concello do Carballiño felicitará o novo ano 2023 a través dun spot de promoción do turismo, que se emitirá no programa Especial de Fin de Ano da TVG na noite do 31 de decembro.

Co lema “O Carballiño, Vila Turística”, cítanse os catro pilares que sustentan o atractivo turístico do Carballiño, como son a cultura, os balnearios, a natureza e a gastronomía, cunha referencia concreta á tradición pulpeira e ao carácter internacional da Festa do Pulpo.

AVANTAR ACTIVIDADES

O spot contén as imaxes máis significativas destes referentes turísticos: interior e exterior do Templo da Veracruz, Balneario das Caldas e Balneario do Carballiño, Parque Municipal,  Museo Etnográfico do Arenteiro, fervenza do Balneario, un posto de pulpo e a tapa xigante de pulpo.

O spot, de 20 segundos de duración, emitirase varias veces ao longo deste programa especial de fin de ano da TVG na noite do 31, e conclúe cunha felicitación do concello do Carballiño polo aninovo.

O pasado ano, este programa obtivo unha audiencia de 600.000 persoas, o que da conta da súa ampla repercusión e, polo tanto, da difusión que terá o spot do Carballiño.