Miguel Anxo Fernández presentou na librería OZOCOgz “A conxura do sete”, unha nova aventura de Frank Soutelo

IES CHAMOSO LAMAS

A librería OZOCOgz do Carballiño acolleu o pasado venres a sinatura de exemplares de “A conxura do sete”, a última aventura do detective Frank Soutelo, creado por Miguel Anxo Fernández e que representa a sétima entrega desta saga de novelas. O escritor carballiñés asinou exemplares desta nova edición nesta tenda ubicada na rúa Curros Enríquez.