O concello de Maside aproba de xeito inicial os orzamentos do 2023

O Pleno da Corporación do concello de Maside aprobou inicialmente o orzamento xeral para o exercicio económico de 2023, o cadro de persoal e a relación de postos de traballo para o dito exercicio. Agora ábrese o prazo de quince días hábiles para que poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes.

As contas ascenden a 2.120.000 euros, unha cifra maior á do pasado ano. Así, están previstos 255.000 euros para a rehabilitación do antigo colexio, que se converterá nun centro multiusos. Outros 269.000 euros para acabar a instalación do alumeado público cumprindo co aforro enerxético en todo o municipio e 162.000 euros para a urbanización da rúa Principal. A inversión complementarase ca execución de asfaltados de varias rúas como en Corzos e Dacón. A gastos correntes destinaranse 900.000 euros e a persoal 974.000 euros.

AVANTAR ACTIVIDADES