O Grupo de Emerxencias de Ribadavia suma máis dun milleiro de operativos en 2022

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Ribadavia fai un balance do pasado ano 2022 e das actuacións levadas a cabo. Foron 1.250 operativos e servizos rexistrados no CIAE112 Galicia e correspondentes os concellos de Arnoia, Beade, Carballeda, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Toén, Padrenda, e Ribadavia na zona de
intervención ademais de Crecente – Filgueira, e a Cañiza.

Por unha banda, foron 86 accidentes: 2 accidentes laborais, 40 accidentes sen feridos, 41 accidentes con feridos, 3 accidentes con excarceración de persoas. Un total de 74 intervencións con animais soltos, como corzos, cabalos, ovellas, ourizos, serpes,
vacas, sobre todo cans. Tamén houbo un gran número, 148, de actuacións contra a vespa velutina e a colocación de trampas.

Tamén estiveron en 118 incidencias en estradas e vías públicas nas que tiveron que retirar árbores baches, retirada de combustibles e aceites, pancartas/sinais de tráfico, restos de accidentes, restos de tellados ou edificios, terra/pedras, placas de xeo, vehículos avariados e dous verquidos de augas terrestres.

PUBLICIDADE ELECTORAL