Os danos do temporal deixan desboradamentos dos ríos e socavóns en varias rúas

Os últimos días, as choivas foron as protagonistas indiscutibles, e tamén as súas consecuencias. Como xa pasou unhas semanas atrás, os ríos volveron deixar imaxes como as que están vendo, desbordamentos dos caudais e a auga transcorrendo con forza, causando derrubamentos. De novo volvemos a ver o Muiño das Lousas asolagado e a piscifactoría. Outros ríos da contorna, ó seu paso por Boborás, Leiro, Ribadavia viviron a mesma situación.

Durante a xornada de hoxe, o servizo de emerxencias comezou a traballar nas consecuencias do temporal, comezando polos socavóns ocasionados na rúa Alberto Vilanova, fronte o Centro de Saúde e na rúa trala estación de autobuses. No primeiro deles quedará cortado o paso tanto a vehículos como a peatóns por precaución.

AVANTAR ACTIVIDADES

Hoxe todo volve á normalidade despois dun comezo de ano duro para os servizos de emerxencia, valorando os danos colaterais. Aproveitarán esta semana, na que o tempo dará unha tregua para arranxar as incidencias.