Música, pirotecnia e circo na esperada cabalgata dos Reis Magos do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Logo das limitacións impostas pola pandemia, o Carballiño volverá á normalidade para a realización da tradicional Cabalgata de Reis. Nos dous últimos anos, a Concellería de Cultura realizou dous formatos diferentes para evitar que os máis cativos puideran quedar sen formalizar as súas peticións, un ano se executou a través dunha plataforma online e outro nun espectáculo estático na Praza do Emigrante.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Este ano volverá ser o punto de partida o Templo da Veracruz, a xoia arquitectónica do Carballiño, nunha tarde máxica que  se atopa entre as grandes citas de Galicia nestas datas. Será a partir das 18 h, cando comece o espectáculo de pirotecnia, música e circo co que se celebrará a chegada das súas Maxestades á vila. Nos últimos anos este evento congregou a milleiros de persoas, polo que dende o Concello xa teñen planificado os tempos para os cortes das rúas, co fin de asegurar a comodidade das familias e evitar bloquear o tráfico máis tempo do debido.

Unha vez rematado, comezará o espectáculo Fantasía de Nadal, onde os Reis Magos acompañados de persoaxes máxicos e artísticos, arrincarán nas súas carrozas ata a Praza Maior, pasando por Conde Vallellano, Rosalía de Castro, Tomás María Mosquera, o cruce da estrada de Ribadavia e Rúa Ribeiro. Durante o percorrido, que irá acompañado da actuación de DJ. Tibu, se botarán dende as carrozas caramelos que, un ano máis, serán sen gluten, mantendo o compromiso adquirido polo Concello do Carballiño ca Asociación Nacional de Celíacos. As carrozas deste ano terán como temática o medio mariño, sempre vinculado á nosa vila a través do noso produto estrela, o polbo.

Unha vez rematado o tradicional desfile na Praza Maior, as familias entrarán ó Concello dunha forma ordenada para a recepción dos Reis Magos que, un ano máis, intentarán cumplir os desexos dos máis cativos.

Dende o Concello do Carballiño tamén queren agradecer, por adiantado, a todo o persoal que fai posible un evento destas características, a policía Local, Grupo Municipal de Emerxencias, Protección Civil, Cruz Vermella e ós servizos municipais de medio ambiente, obras, electricidade e cultura. Asemade, tamén salientan a importancia que teñen espectáculos coma este para economía da vila e aconsellan á veciñanza que prioricen nas súas compras ó comercio local.