O Arquivo Histórico de Ourense recibe o Torques de Honra do 2022

IES CHAMOSO LAMAS

O Centro de Estudios Chamoso Lamas entregou este pasado venres o Torques de Honra 2022 ao Arquivo Histórico Provincial de Ourense. Este galardón que outorga o colectivo cultural e investigador carballiñés con carácter bianual, foi recollido polo director do arquivo, Pablo Sánchez Ferro. Este premio foi o colofón a un ano intenso para o colectivo.

Con este galardón quixeron distinguir o papel esencial desenvolvido polo Arquivo na catalogación, preservación e divulgación da documentación histórica provincial dende a súa creación no ano 1943 ata a actualidade, na que cómpre resaltar a recente culminación do proxecto de rehabilitación do antigo convento franciscano. 

OZOCOgz Deseño Galego

Ao tempo deste recoñecemento, o Centro de Estudios Chamoso Lamas quere destacar e agradecer a contribución do director do Arquivo Histórico Provincial de Ourense, Pablo Sánchez Ferro, así como do equipo directivo e funcionarial, á proxección da entidade como un servizo aberto á investigación e á divulgación da pegada histórica no Carballiño e do Ribeiro. 

O propio director do arquivo, Pablo Sánchez, agradeceu este recoñecemento e destacou tamén o traballo feito polo Centro de Estudos a prol da cultura e do patrimonio histórico, digno de destacar.