O C.D. Arenteiro volve ós adestramentos para o primeiro encontro do ano

Comezou o 2023 e con el, os xogadores do club Deportivo Arenteiro volveron ó traballo. Dende onte luns os verdes remataron as vacacións de Nadal e xa están adestrando no campo da Uceira, preparando o primeiro encontro da segunda volta de Liga, que os enfrontará ó Guijuelo este vindeiro domingo día 8, ás 17:00 horas.

O Arenteiro comeza líder e con boas perspectivas de futuro. O seu obxectivo será quedar entre os cinco primeiros da táboa, o que lles garante xogar de novo a Copa do Rei e a promoción de ascenso.

AVANTAR ACTIVIDADES

Co mercado de inverno aberto ata o 31 de xaneiro, a directiva non ten previsto facer ningún cambio nun equipo “que funciona á perfección”.