Os empresarios piden participar no proxecto do viveiro de empresas municipal

Unha representación da Xunta Directiva da Asociación de Empresarios da Área Industrial de O Carballiño, representada polo seu presidente , Manuel Carballeda e o vogal , Daniel Atanes, reuníronse co alcalde, D. Francisco Fumega, e o Concelleiro de Industria, D. Manuel Dacal, co obxectivo de demandar información da situación das vindeiras obras do Viveiro Municipal de Empresas, estado da ampliación da Área Industrial, cursos de emprego e expoñerlle os problemas, melloras e axudas que o colectivo empresarial ten solicitado ao Concello do Carballiño.

O obxecto da reunión foi poder dar solución as diferentes necesidades, inquedanzas e demandas, que se foron recollendo ao longo do ano nun informe elaborado polo servizo técnico de AICA, asociación que agrupa a 52 empresas con mais de 1.200 traballadoras/es e unha facturación por enriba dos 300 Mn de euros.

AVANTAR ACTIVIDADES

Entre os principais temas que se trataron neste encontro foron:

  • O estado das solicitudes de acceso da autovía de Lugo a área empresarial de Carballiño.
  • A sinalización e limpeza dos viais.
  • O acondicionamento das zonas comúns.
  • A seguridade da área industrial.
  • Acondicionar e asfaltar o tramo do vial 6 en dirección á antiga feira de gando.

No marco da FP Dual, tamén se abordou a necesidade de mais persoal cualificado nas empresas así como a importancia de cursos ou talleres para formar a futuros traballadores e ampliar os coñecementos dos actuais empregados.

Así mesmo foron presentadas alegacións,  o pasado mes de Novembro para a Modificación Puntual nº2 do Plan Sectorial de Ordenación das Áreas Empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia respecto da importancia de comunicar as dúas glorietas mais próximas ao eixo do Ribeiro, e así mellorar o transito dentro da área industrial.

O Sr. Alcalde D. Francisco Fumega como o seu concelleiro D. Manuel Dacal, manifestaron o seu firme compromiso coa area industrial para dar resposta as necesidades expostas.