A cabalgata de Reis traerá cortes no tráfico. Dámoslle toda a información

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Despois de tres anos nos que a pandemia imposibilitou a celebración de actividades culturais como antes, este Nadal volve a cabalgata das súas Maxestades os Reis Magos. O plan de seguridade xa está en marcha. Haberá cortes de tráfico e tamén quedará prohibido estacionar nalgunhas rúas. O cabo Guillerme Alén explicounos máis sobre como será a situación.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

As rúas Conde Vallellano e Evaristo Vaamonde quedarán cortadas ó tráfico dende as 16:00 horas. Nelas tampouco se poderá estacionar vehículos, unha información que xa foi avisada durante toda a xornada de hoxe. Todo iso garatirá que a cabalgata transcorra sen incidencias.

As terrazas dos establecementos hostaleiros ó paso da cabalgata deberán estar recollidas, así como os toldos. Segundo pasen as carrozas irase abrindo o tráfico e todo volverá á normalidade.