Os concellos do Carballiño e Boborás convocan o premio anual Antón Losada Diéguez, na súa trixésimo oitava edición. Ten a finalidade de contribuír ao fomento da cultura galega polo que loitou o ilustre mestre e guieiro.
As obras presentadas deberán estar en lingua galega, os editores poden ser de dentro ou fora de Galicia e as publicacións non poden ser premiadas noutros certames anteriores. Quedan excluídos textos de uso escolar, recompilacións de artigos, fascículos ou de tirada restrinxida.
O premio será de 12.000 euros para premiar dúas obras xa publicadas, unha de creación literaria e outra no eido de investigación e ensaio, cada unha delas con 6.000 euros.