Recuperado o acceso peonil ó centro de saúde pola rúa Alberto Vilanova

Ante a situación de emerxencia creada polas intensas precipitacións acontecidas o día 1 de xaneiro,onde se recolleron rexistros que superaron os 100 litros por metro cadrado no Concello do Carballiño, surxiron numerosas incidencias nas infraestruturas municipais.Unha delas, que afecta a unha das principais arterias, como é a Rúa Alberto Vilanova, a prioridade do Concello foi garantizar a seguridade dos usuarios da vía. Unha vez solicitados,con urxencia, os informes técnicos sobre o dano da vía, estes determinaron a necesidade de cortar o tráfico rodado e peonil, debido á gravidade dos danos que sufríu a estructura que soporta a estrada e as beirarrúas.

Ante este feitos o concello encargou unha pasarela peonil que quedou instalada onte pola tarde, polo que mañá poderá ser utilizada pola veciñanza. En canto á estrada,o concello do Carballiño xa encargou os proxectos para reparar a vía o antes posible e evitar que nun futuro se repita esta incidencia. A reparación correrá a cargo do concello para axilizar os prazos de execución, aínda que dende o primeiro momento, o alcalde traballa con diferentes administracións co fin de buscar colaboración para afrontar esta e outras actuacións derivadas deste episodio climatoloxico.

AVANTAR ACTIVIDADES