Fin de semana de Ruta das Tapas adicadas ós Reis, e tamén teatro

Esta fin de semana, cun día festivo, teremos mañá venres Ruta das Tapas, adicada neste venres ás tapas de reis. Poderán desfrutalas en 13 locais hostaleiros do Carballiño, dende as 20:00 horas ata as 23:00 horas, por un prezo de 2,5 euros. Tamén terán premio, así que non esquezan cubrir a papeleta que recibirán.

O Centro de Estudios Chamoso Lamas apraza para o domingo 15 de xaneiro o roteiro sobre as orixes do Carballiño, que se ía celebrar este domingo, 8 de xaneiro,debido á mala previsión do tempo.A pésima previsión meteorolóxica para este domingo, 8 de xaneiro, no que se anuncian fortes chuvias, motiva que o o Centro de Estudios Chamoso Lamas suspenda o roteiro programado e o traslade ao domingo seguinte, 15 de xaneiro. Trátase de proseguir co traballo de investigación sobre as orixes do Carballiño do historiador carballiñés Carlos Montes, que xa foi obxecto dun roteiro celebrado o pasado mes de setembro e que nesta ocasión vaise ampliar para dar a coñecer algunhas das edificacións máis significativas e emblemáticas da vila, así como dos seus moradores.A cita será, polo tanto, o domingo 15 ás 11,30 h, sendo o punto de encontro o Asilo dos Irmáns Prieto.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tamén o domingo, teremos teatro no auditorio Manuel María do Carballiño, ás 19:00 horas, da man de Teatro Agromar, ca súa obra “O imserso en Benidorm”.