O Café Bar Lérida vende un décimo do segundo premio da Lotería do Neno

A Lotería do Neno, que tivo lugar esta mañá do día de Reis, trouxo un pouco de sorte ó Carballiño. Foi o Café Bar Lérida quen vendeu un décimo do segundo premio, o número 72289. Este premio trae consigo unha suma sustanciosa para o afortunado, que se levará 75.000 euros polo seu boleto.

Non é a primeira vez que o Bar Lérida reparte sorte, xa que acumula unha moi boa fama. Repartiu xa un Euromillón, un terceiro premio da Lotería de Nadal e algún outro premio menor. E celébrano sempre ca mesma ilusión, a de poder repartir sorte.

AVANTAR ACTIVIDADES