Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (I): Gozar de confort sonoro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Pablo Álvarez Guillén é Enxeñeiro Agrónomo pola Universidade Politécnica de Madrid.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Curriculum de Pablo Álvarez Guillén:

Pablo Álvarez Guillén é Enxeñeiro Agrónomo, pola Universidade  Politécnica de Madrid, na Especialidade de Economía Agraria. Consultor  medioambiental especialista en ecoloxía aplicada e en servizos  ecosistémicos.

Co desexo e a esperanza de QUE O ANO 2023 QUE AGORA COMEZA SEXA MOI SAUDABLE PARA TODOS, quixera lembrarlles que dentro duns poucos meses seremos convocados ás urnas para elixir aos nosos representantes municipais. Por este motivo, nesta ocasión propoñome intentar contribuír a mellorar a información ambiental dispoñible pola veciñanza de O Carballiño e de paso tamén a das diferentes entidades sociais do municipio.

Para iso, tendo en conta que un obxectivo prioritario debe ser gozar dun Carballiño máis saudábel, ao longo de varias fins de semana irei debullando unha serie de “breves escritos”, nos que repasarei cada unha das principais variables ambientais que caracterizan ao noso territorio e establecerei algunhas reflexións e suxestións de posibles solucións para intentar corrixir os diferentes déficits ambientais existentes.

Porén, debo sinalar que boa parte destes temas xa foron tratados nas miñas colaboracións en BadalNovas, polo que remíto a elas aos lectores que queiran máis información sobre estes temas. Hoxe vou falar da contaminación acústica.

O ruído é un axente contaminante con múltiples efectos prexudiciais para a saúde das persoas e para o medio ambiente. A relación entre medio ambiente e saúde pública é evidente. A contaminación acústica non soamente impide o descanso das persoas que residen en vivendas próximas aos focos produtores de ruídos, senón que prexudica a saúde de todos os que se ven sometidos á incidencia dun grao excesivo de decibelios.

O Carballiño sempre dispuxo dunha importante oferta de lecer nocturno, tanto en cantidade como en calidade. Con carácter xeral, os locais de lecer nocturno poden causar molestias por ruídos como consecuencia dun illamento acústico da actividade deficiente ou por un exceso de volume da música. Pola súa banda, os clientes destes establecementos xeran molestias por ruído e doutros tipos cando saen do establecemento ou no momento do peche do local. Os berros na rúa, o abandono de vasos e botellas no exterior dos locais, o consumo de estupefacientes e alcol, e o orín na vía pública son unha mostra das molestias que denuncian os veciños.

Así pois, faise patente que a miúdo o dereito ao descanso dos veciños entra en colisión co exercicio das actividades de lecer nocturno. As persoas afectadas constatan que cada fin de semana repítese a situación sen que haxa indicios de solución ao problema.

Neste sentido, o grupo político que teña a responsabilidade de gobernar o concello debe asegurarse de que se cumpren as condicións para as que se outorgou a licenza, así como os horarios de apertura e peche deste tipo de establecementos. Así mesmo, é conveniente realizar permanentes controis e actuacións disuasorias relacionadas con condutas de usuarios que revelan o seu menosprezo polas normas de convivencia.

Por outra banda, a concentración de terrazas e o incumprimento dalgúns establecementos hostaleiros da normativa vixente ten xerado queixas e protestas veciñais polas molestias que provocan (de mobilidade peonil, barullo, sucidade, …). Non se debe perder de vista que a actividade desenvolvida ao aire libre non ten máis protección acústica que a que poidan ter as vivendas afectadas.

O concello do Carballiño dispón dunha Ordenanza reguladora da instalación de terrazas na vía pública, anexas aos establecementos de hostalería, que foi recentemente modificada, pero o seu cumprimento en algunhas rúas dista moito do que sería desexable para que os veciños poidan gozar dunhas mínimas condicións de acougo.

Cabe lembrar que as terrazas ou os veladores ao aire libre están sometidos á obrigación xenérica de evitar molestias e efectos negativos na contorna e as autoridades municipais deben intervir para garantilo.

Non hai que esquecer que se trata dunha actividade económica de carácter privado, como é a da hostalería, que se exerce nun espazo público, e que os titulares dos establecementos que utilicen a vía pública deben ser responsables das molestias ocasionadas polas persoas que ocupen as mesas situadas no exterior.

Nalgúns casos, os cidadáns expoñen que non se actúa ante as súas queixas por ruído e polas condutas incívicas dalgunhas persoas, polo que o grupo político que teña a responsabilidade de goberno debe corrixir esta situación poñendo especial énfase en garantir que a actividade se realice con pleno respecto á legalidade vixente e aos dereitos dos veciños para vivir sen molestias que superen os limiares razoables do descanso.


Outros artigos de Pablo Álvarez Guillén:

Otras consideraciones medioambientales para la ampliación del Polígono Industrial

Las alternativas para la ampliación del polígono industrial

La ampliación del polígono industrial en información pública

Ahorro de energía en el alumbrado público

Ahorro energético en comunidades de vecinos

Sequía y agua de boca

El protocolo de colaboración para el nuevo Centro de Salud

Chega o contedor de lixo de cor castaño ás nosas rúas

Un Centro de Salud amigable en un Carballiño saludable

Carballiño: Puerto seco de Galicia

Las claves medioambientales y sociales para la ampliación del Polígono Industrial

La ampliación del Polígono y el Paisaje

La ampliación del Polígono y el ciclo hídrico

La ampliación del polígono y el patrimonio natural

Consideraciones sobre el agotamiento de suelo empresarial

El poligono industrial de Maside

Síntese do modelo urbano “Carballiño Saudable 2030”

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (1) aspectos xerais da mobilidade urbana

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (2) Itinerarios de preferencia peonil.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (3) Reordenar a configuración do tránsito motorizado

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (4) Coser o tecido urbano norte sur (I)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (5) Coser o tecido urbano norte sur (II)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (6) Gañar funcionalidade na “Avenida”.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (7) Achegar o parque ao centro urbano