Comezan as rebaixas de xeito oficial. Falamos cos comerciantes desta campaña

As tradicionais rebaixas estacionais de xaneiro comezaron de xeito oficial este pasado sábado, día 7 de xaneiro. Algúns comercios do Carballiño xa iniciaron os descontos antes, pero a gran maioría decidiu manter a tradición. Aproveitando a fin de semana, tamén algúns abriron as súas portas o domingo.

Estas rebaixas son para moitos un pulo ás ventas de inverno, que non adoitan presentar as mellores cifras. Aínda que este ano, os comerciantes están satisfeitos, tanto ca tempada como ca época de Nadal, e agradecen a confianza no comercio de proximidade.

AVANTAR ACTIVIDADES

As grandes plataformas de venta online son un claro competidor, tamén en época de rebaixas. Quizáis o sector da moda infantil é o que menos o pode notar. Aínda así, o comercio local segue loitando e pedindo a colaboración de todos.