O autobús de doazón de sangue estará mañá en Castrelo de Miño e en Cortegada

O autobús móbil da Unidade de Doazón de Sangue desprazarase o mañá mércores ó concello de Castrelo de Miño. Estará en Macendo, diante do centro de sáude, dende as 10:00 horas ata as 12:00 horas e en Barral, diante do Club Náutico, dende as 12:30 horas ata as 14:00 horas. Pola tarde estará en Cortegada, dende as 16:00 horas ata as 21:00 horas.

Recordamos que pode acudir calquera persoa con ou sen cita previa, que estea san, sexa maior de 18 anos e menor de 65 anos, non ter unha cirurxía, tatuaxes ou perforacións en menos dun ano, pesar máis de 50 quilos e non estar tomando medicamentos.

AVANTAR ACTIVIDADES