O Carballiño promocionará o pulpo e a súa gastronomía a vindeira semana en FITUR

Como xa é tradición, tamén estará presente nesta feira O Carballiño. Por unha banda, contaremos ca ponencia que aglutina o Xeodestino Ribeiro-Carballiño. Cada ano presentan o potencial turístico dos concellos que forman parte das dúas comarcas, tanto no eido cultural coma enogastronómico.

Nesta ocasión, a exposición centrarase no Mapamundi do pulpo do Carballiño, un dos potenciais por excelencia da nosa contorna a nivel galego, nacional e internacional.

AVANTAR ACTIVIDADES

Pero falarase moito máis deste concello e da súa contorna. E é que o pulpo é o protagonista indiscutible e será a Xunta de Galicia quen tamén poña o foco nel na presentación destinada ás Festas Enogastronómicas de Interese Turístico Internacional. Entre elas está a Festa do Albariño, a Feira do Cocido de Lalín e a Festa do Pulpo do Carballiño, recén estreado este título este pasado agosto.

Agora, aínda que hai unhas eleccións de por medio, xa están a traballar na organización e promoción da vindeira Festa do Pulpo, coidando a súa internacionalidade.