«Cultura por alimentos», o programa solidario de innovación social de Afundación, recadou máis de dez toneladas de produtos para os Bancos de Alimentos

Grazas á colaboración subscrita con FESBAL, todas as persoas que participan nas actividades da Obra Social de ABANCA poden depositar as súas doazóns nos colectores destinados a este fin

I «Cultura por alimentos» é transversal a todas as actividades culturais de Afundación, invitando a doar alimentos a cambio da participación da oferta cultural da entidade

«Cultura por alimentos» é un programa solidario, con vocación de continuidade, enmarcado na estratexia de innovación social, que Afundación, a Obra Social de ABANCA implementou no ano 2021 en resposta ao chamamento dos bancos de alimentos. Por mor do acordo subscrito daquela con FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos), Afundación habilitou contedores en todos os seus edificios, á vez que promovía a doazón de produtos non perecedoiros a todas as persoas participantes e usuarias das súas actividades. Outra modalidade de «Cultura por alimentos» consiste en cambiar a entrada a un evento determinado pola doazón en alimentos como foi o caso do ciclo de música Butaca de Jazz ou o concerto familiar Con Fusión, da Compañía Píscore, programado co gallo do Día da Infancia, convidando a doar alimentos infantís. Ata a data, conseguíronse recadar máis de dez toneladas de produtos non perecedoiros.

PUBLICIDADE ELECTORAL