Comunicado de Rafa Villarino sobre o sobreseimento da investigación xudicial por prevaricación contra Baltar, Fernández e Caride

O portavoz do PSdeG-PSOE na Deputación Provincial de Ourense, Rafa Villarino, non comparte os argumentos esgrimidos polo titular do xulgado de instrución número 1 de Ourense, para acordar o sobreseimento da investigación contra o presidente da institución, Manuel Baltar, así como contra o vicepresidente, Rosendo Fernández, e o exdeputado, Miguel Caride, por presunta prevaricación, adoptado incluso sen ser citados a declarar.

Para Villarino existen indicios evidentes, manifestados publicamente, de ter adoptado unha decisión inxusta a sabendas: denegarlle, como vinganza, unha compatibilidade laboral a tempo parcial como docente universitario, a pesar de contar con informes técnicos e proposta de resolución favorables. Esta negativa, que foi acordada polos grupos do Partido Popular e Democracia Ourensana no pleno provincial de xullo de 2020, xa foi anulada pola xurisdición contencioso-administrativa. Por iso anuncia que recorrerá o auto de sobreseimiento do xulgado.

AVANTAR ACTIVIDADES