Triple carteleira do Novo Cine de Leiro para esta fin de semana

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira para os próximos días, neste caso con triple programación. Por unha banda, teremos a nova secuela do “Gato con botas”, que se poderá ver o venres, sábado e domingo, ás 16:00 horas.

Por outra banda, a segunda entrega de Avatar “El camino del agua”. Poderase ver o venres, sábado e domingo, ás 18:00 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES

E, por último, de novo temos que falar da clara protagonista ós premios Goya, a española “As Bestas”. Poderase ver tamén en Leiro, o venres, sábado e domingo ás 21:30 horas.