O Arenteiro recibe ó Polvorín, e o Sporting Carballiño ó Loñoá

Fin de semana de fútbol na nosa contorna. O club Deportivo Arenteiro xogará esta fin de semana na casa, en Espiñedo. Visitaranos o Lugo B, coñecido como Polvorín, na xornada dominical ás 12:00 horas. Aínda non sabemos se Pol Bueso xogará, pero xa volveu ós adestramentos despois do susto do pasado domingo.

Pola súa parte, o Sporting Carballiño enfrontarase tamén este domingo, ó Loñoá. O encontro será ás 16:00 horas, tamén na casa, na Uceira.

AVANTAR ACTIVIDADES