O Arenteiro segue de lider tras vencer ao CD Lugo B por 1-0

O conxunto dirixido por Javi Rey volveu vencer pola mínima grazas a un penalti convertido por Pibe ante unha Lugo B que deu a cara

O Arenteiro volveu á senda da vitoria este domingo grazas a un triunfo por 1-0 ante un combativo Lugo B. O partido decidiuse nunha xogada polémica que acabou cun penalti transformado por Pibe e estivo marcado polo pésimo estado do terreo de xogo de Espiñedo. O conxunto do Carballiño segue líder con dous puntos de vantaxe sobre o Guijuelo, mentres que o Lugo B acaba a primeira volta ao fondo da táboa con 14 puntos, a sete da salvación.

AVANTAR ACTIVIDADES

Primeira parte
O Arenteiro comezou demostrando o seu favoritismo e tivo as primeiras ocasións do encontro. No minuto 2, Joseca realizou unha gran condución pola castigada zona esquerda de Espiñedo e puxo un centro que rematou Romay de cabeza a mans de Brais. Pouco máis tarde volveu aparecer Joseca e puxo outro gran centro que estiveron a piques de rematar Romay e Marquitos. Álex Fernández tamén o tentou nunha falta frontal que se marchou por encima do traveseiro.

A primeira do Lugo B chegou ao cuarto de hora de partido nun disparo alto de Iago Novo nunha fase do encontro onde o partido igualouse. Chegando á media hora de xogo chegaron tres ocasiones seguidas moi claras locais. Primeiro nunha gran parede de tacón entre Marquitos e Joseca que terminou cun paradón de Brais co pé a disparo do lateral, despois cun disparo de Escobar que mandou o porteiro visitante a córner e no propio córner cunha volea de Vitra que se marchou alto tras rematar só na área.

No tramo final da primeira metade tivo opcións o filial lucense nun balón en profundidade sobre Xabi que non puido aproveitar o extremo por un mal bote do campo do Carballiño. A última do primeiros corenta e cinco minutos chegou nas botas de Marquitos que, tras un gran pase de Romay, rematou ante a presenza de Torrado e Brais volveu aparecer para mandar o partido ao descanso co resultado inicial.

Segunda parte
Seguindo a tónica da primeira metade, o Arenteiro tentouno desde moi pronto e Álex Fernández rematou a mans de Brais un centro de Curro desde a frontal. Volveu facer dano nun córner o Arenteiro, aproveitando a mala defensa do Lugo B, pero Escobar non puido atopar portería no seu remate desde o segundo pau. Ambos os adestradores moveron o seu banco xusto antes de que a bancada de Espiñedo pedise penalti por man de Iago Novo.

A primeira ocasión do Lugo B na segunda parte foi clarísima e Ces Cotos estivo moi preto de abrir o marcador cun disparo cruzado que se foi pegado ao pau. Seguiu mellor o conxunto visitante e o vilanovés Torrado tentouno de lonxe cun forte disparo desviado. Trashorras incorporou a Christian, que volveu con gol a semana pasada, e estivo moi preto de sorprender a Diego cun disparo desde case o centro do campo que se foi rozando o traveseiro.

Cando mellor estaba o Lugo B, o árbitro sinalou pena máxima para o Arenteiro nunha acción moi polémica onde houbo un lixeiro contacto de Luis Castro sobre Pibe no que non chegou a caer o xogador arxentino. O propio Pibe foi o encargado de xutar o penalti e o cambadés puxo en vantaxe aos de Javi Rey cun gran lanzamento. Un minuto despois o Arenteiro perdoou o segundo tras un fallo de entendemento entre Torrado e Brais, que deixou só a Romay coa portería baleira e o talentoso mediapunta enviou o balón fóra de forma inexplicable.

FICHA DO PARTIDO. PREMER NA IMAXE

PREMER NAS IMAXES 

2ª DIVISIÓN RFEF  Resultados e Clasificación

RESULTADOS – CLASIFICACIÓN

C D Arenteiro Datos