Nova vitoria do Arenteiro e segue a polémica polo estado do campo

O club Deportivo Arenteiro proclamouse campión de inverno cunha nova vitoria esta fin de semana, e con ela xa suman dez na primeira volta de Liga, seguindo ademais como líderes.

Onte gañaban 1-0 fronte a filial do Lugo, nun penalti no minuto 72 marcado por Pibe. Luis Castro contactou ca perna de Pibe, o de Cambados intentou seguir pero o árbitro pitou penalti, un gol decisivo que sentenciaba o encontro.

AVANTAR ACTIVIDADES

O equipo atópase nun gran momento, tamén físicamente. Para onte, apenas dous xogadores quedaron fora da convocatoria e o banquillo estaba tamén motivado, o que para Javi Rey é un plus engadido. Tamén Pol Bueso, que se atopa xa ben e adestrando de novo.

Non so o penalti tivo polémica. Tamén está posto cada vez máis o foco no estado do terreo de xogo. O céspede, con ou sen choiva, presenta un estado que cada vez dificulta máis a actividade e que ademais pode traer lesións para os xogadores.