Ribadavia homenaxea ás Irmás Touza.

Ribadavia estrea este sábado unha obra de teatro dedicada ás irmás Touza.

Para o Concello, como impulsor e unha das institucións que apoian este proxecto,  é un orgullo poder facer a estrea en Ribadavia.

AVANTAR ACTIVIDADES

TEATRO | A NAI | RIBADAVIA

O próximo 21 de xaneiro a compañía de teatro Amorodio Teatro estrea en Ribadavia a obra A NAI, coa participación do Concello de Ribadavia. Agradecemos a colaboración a outras institucións públicas: Agadic, Concello de Caldas de Reis, Concello de Rianxo, Pazo de Raxoi; así como a Viña Costeira e Confitería SILA.

 Lugar: Auditorio Manuel María (Casa da Cultura)
Hora: 20:30 horas
Data: 21 de xaneiro de 2023.
Idade recomendada: a partir de 14 anos.
Entrada libre ata completar aforo.

“A Nai é unha viaxe no tempo que explora, a través das figuras das irmás Lola, Julia e Amparo Touza, e as súas fazañas como salvadoras dunha cantidade estimada de 500 persoas durante o Holocausto, a posibilidade de sermos mellores persoas en tempos de degradación moral.
Empregando a memoria como tren, viaxamos entre o pasado das irmás e os nosos presente e futuro, na procura dun modo de ser e actuar que nos permita mellorar o mundo das nosas fillas.
Unha persoa non morre ata que o seu recordo esmorece no derradeiro corpo que a lembra. Hoxe espallamos o recordo de Lola, Julia e Amparo Touza para manter vivas a esperanza e a loita. Traspasamos a testemuña. Resistimos. Por todas as Loliñas que virán.”

A Concellaría de Cultura, dirixida pola Vice-Alcaldesa Paula Rodríguez, recorda que é un acordo plenario do Concello realizar homenaxes e reforzar a memoria histórica destas veciñas ribadavienses, e o seu legado pata vindeiras xeracións, un orgullo de Ribadavia.