Este venres día 20 nova pelicula do Cine Club: “Suro”

Continuamos a nosa programación este venres día 20 de xaneiro coa gran sorpresa desta tempada do cinema español, Suro, unha mezcla de thriller e drama rural que supuxo o debut na longametraxe do seu director, Mikel Gurrea, nominado á mellor director novel nos premios Goya deste ano. Un filme calificado pola crítica como impresionante, sorprendente, unha das películas do ano que hai que ver si ou si. Conta con dúas excelentes interpretacións a cargo de Pol López e Vicky Luengo, nominada á mellor actriz principal nos Goya. Obtivo tamén 10 nominacións nos Premios Gaudí, incluíndo mellor película, e seu paso polo Festival de San Sebastián saldouse co premio FIPRESCI e o premio Cine Vasco.

Un filme altamente recomendable que proxectaremos nos pases habituais de 20:00 e 22:30 horas en castelán nos dous casos no Auditorio Manuel María do Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES