Prazas para dous proxectos Internacionais do programa Erasmus+ promovidas desde a Omix de Ribadavia

IES CHAMOSO LAMAS

1. “ACT(OR/RESS) IN REAL LIFE”: Curso de Formación Internacional de 7 días en Rumanía! (plazas limitadas)

Se che interesa o teatro e as ferramentas dixitais, participa, do 11 ao 19 de marzo de 2023 do Curso de Formación “ACT(OR/RESS) IN REAL LIFE” financiado polo programa Erasmus+ (gastos de aloxamento, manutención e viaxe de ida e volta cuberto polo programa Europeo Erasmus+). A actividade é para persoas de máis de 18 anos de idade.

OZOCOgz Deseño Galego

Durante estes 7 días na cidade de Oradea en Romanía, participarás a actividades diversas organizadas por profesionais do teatro: metodoloxía teatral, comunicación, traballo en grupo, técnica teatral e perfeccionamento de habilidades dixitais.

O obxectivo principal deste curso de formación é reducir as consecuencias negativas da Covid-19 e da corentena, mediante o uso de métodos teatrais e técnicas de arte dramática. Xunto cos organizadores e os demais participantes, traballarás en diversos temas para atopar solucións coas que fortalecer as habilidades dos mozos e responder as súas necesidades a través das ferramentas teatrais.

Queres saber máis sobre este curso, o aloxamento e o transporte? Atoparás todo no infopack:

https://drive.google.com/file/d/1nkdDMuACL5YvLkP8oyCIZQjZYOcDgGu5/view?fbclid=Iw AR1rEEy9OtIKvFpnw3ObvnUbNpt5G-gGEzArh39zNtKHTRJur4U6D1Pddn4

As prazas son limitadas así que se estás interesado, inscribite xa nesta ligazón antes do 27 de Xaneiro:

https://docs.google.com/forms/d/1onY42Gzx9h8lRqjgXFLAYUSFoPKecBfY_p- gYcEM9lg/viewform?edit_requested=true&fbclid=IwAR321KWhxvhWXlgq4xWe2mmtgK2g mdVZkv770fRvQUy-iIvPKhqUOd9XNSg

2.- Seminario internacional sobre a “Agenda 2030”

Tes 18 anos e es voluntario ou membro dalgunha asociación ou entidade ou traballador/a en ac- tivo? Do 19 ao 25 de febreiro 2023, participa no seminario internacional do Servizo Civil In- ternacional sobre a Axenda 2030!

Durante esta actividade de 7 días en Madrid, falarase sobre como alcanzar os “Obxectivos de Desenvolvemento Sostible” (SDGS) da Axenda 2030. Se non sabes de que trata a Axenda 30: Os seus obxectivos son erradicar a pobreza extrema e a fame, combater a desigualdade e o cambio cli- mático, garantir a igualdade de xénero e os dereitos humanos das mulleres e garantir o acceso universal aos servizos de saúde, entre outros.

É unha axenda universal que compromete a todos os países, sexa cal for o seu nivel de desenvolvemento.

Para saber máis sobre os gastos da viaxe, o aloxamento e o seminario:

https://drive.google.com/file/d/15ZUzlK_ammtOFkH0qpCVPrZ0HmjAJ40X/view?usp=sha- ring

Tes ata o 24 de xaneiro para anotarte neste formulario: https://forms.gle/9g4Tfh3xnDqTXJj9A

Máis información :

omix.ribadavia@gmail.com