O concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, destacou en FITUR a relevancia que supón a declaración da Festa do Pulpo como Festa de Interese Turístico Internacional, tanto no que respecta á promoción internacional do evento como ás melloras que conleva en canto ao lugar de celebración e servizos que se ofertan.
VIDEO: Premer na Imaxe

A Festa do Pulpo de O Carballiño é unha das celebracións gastronómicas máis antigas e masivas de Galicia. Na última edición, celebrada en agosto do ano pasado, reuniu a máis de 100.000 persoas que consumiron unhas 75 toneladas de polbo coas que se elaboraron unhas 150.000 racións.
O éxito da Festa do Pulpo é inegable. E así tamén o recoñeceu a Xunta e a subdirectora xeral de Desenvolvemento e Sustentabilidade Turística, quen revalidou esta internacionalidade axudando a conseguila.