A Xunta incrementa en 5.000 horas anuais o Servizo de Axuda no Fogar da Mancomunidade do Ribeiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, tamén estivo esta mañá no concello de Leiro, para manter unha reunión co presidente da Mancomunidade do Ribeiro, Francisco José Fernández. Hoxe a Xunta de Galicia anunciou o incremento de 5.000 horas anuais para o Servizo de Axuda no Fogar co obxectivo de continuar atendendo ós maiores e reducir así as listas de espera.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Pola súa banda, Francisco José Fernández agradeceu a colaboración e o apoio constante da conselleira nos servizos sociais destes concellos. Para o que tamén é alcalde de Leiro, todos estes esforzos son unha inversión en calidade de vida para os maiores.