O Psdeg-Psoe constitúe o comité electoral provincial co obxectivo de aumentar o número de deputados e deputadas provinciais e que o cambio sexa posible na provincia

IES CHAMOSO LAMAS

A Comisión Executiva Provincial vén de celebrarse en Ramirás, seguindo co percorrido pola provincia para que todos os integrantes e as integrantes da comisión coñezan a realidade de cada concello

Rafa Villarino afirma que “o noso obxectivo agora é que ese cambio sexa reversible, que a cidadanía saiba que a súa intención de voto se vai respectar e que esta provincia teña por fin o futuro que merece”

OZOCOgz Deseño Galego

Ramirás, 21 de xaneiro de 2023. O PSdeG-PSOE de Ourense vén de celebrar a súa Comisión Executiva Provincial, que desta vez se celebrou no concello de Ramirás, gobernado pola socialista Isabel Gil. Na mesma aprobouse a constitución do comité electoral provincial e confeccionouse o calendario de cara as eleccións municipais do vindeiro mes de maio.

Dende a executiva provincial do PSdeG ourensán destacan que “proseguimos con noso percorrido pola provincia para que todos os nosos integrantes e as nosas integrantes da comisión coñezan a realidade de cada concello e tamén con vistas as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio”. Tamén poñen o foco en que o obxectivo marcado “é presentar os mellores candidatos e candidatas en toda a provincia para acadar uns moi bos resultados a nivel provincial”.

O secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, destaca que coa elección do comité electoral, “xa temos a integración de todas as forzas que van confluír para crear un proxecto para esta provincia, un proxecto que coñeza toda a cidadanía e a veciñanza da provincia”. O líder dos socialistas ourensáns sinala que o obxectivo que se marca o partido “é aumentar o número de deputados e deputadas provinciais, para que desta vez sexa realidade o cambio na provincia”.

Villarino tamén subliña que “nas anteriores eleccións municipais o PSOE conseguiu os mellores resultados da súa historia, pero daquela non foi posible o cambio na Deputación, xa que se levou a cabo un pacto antinatura, motivado para manter a mesma presidencia na Deputación Provincial de Ourense”. O secretario provincial afirma que “o noso obxectivo agora é que ese cambio sexa reversible, que a cidadanía saiba que a súa intención de voto se vai respectar e que esta provincia teña por fin o futuro que todos desexamos e merece”.