Presentación de “Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza. II Volume: un reino con clase dirixente” no Café Cultural Auriense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O escritor e historiador Francisco Rodríguez presentará, o martes 24 de xaneiro o segundo volume da obra Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza: un reino con clase dirixente. Será ás 20:00 h. no Café Cultural Auriense sito na Praza do Correxidor 11

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 22 de xaneiro de 2023. Trátase dunha obra na que ao longo de 1100 páxinas e cunha coidadísima edición, percorre a etapa medieval de normalidade e esplendor do reino de Galiza. A análise histórica que se fai na obra dá pé a que se manifeste a coherencia que movía as nosas clases dirixentes nun momento tan delicado, a súa estratexia política e os seus obxectivos.

Desta maneira afóndase en cuestións como a saga dos Castro, en especial de Fernando Ruys de Castro, líder indiscutíbel do movemento castrista contra os Trastámara. No libro ademais debúllanse aspectos como a reunificación con Portugal, as alianzas coa burguesía e o importante papel das vilas e cidades na conformación progresiva da conciencia nacional galega.

Feito con vontade de deitar luz sobre o noso pasado medieval e as deformacións e ocultacións que sobre ese período se teñen producido, o libro nace tamén da necesidade de sumar esforzos ao coñecemento sobre a nosa historia, aspecto no que a entidade editora (AS-PG) conta con experiencia dabondo.

A presentación está organizada xunto coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a Agrupación Cultural Auriense. Presentará e intervirá no acto a historiadora Ana Cebreiros.

Lugar: Café Cultural Auriense. Hora: 20:00 h.

Interveñen:

. Ana Cebreiros Iglesias.

. Francisco Rodríguez.