O C.D. Arenteiro viaxa para rematar mañá o encontro suspendido co Guijuelo

IES CHAMOSO LAMAS

O Club Deportivo Arenteiro segue intratable e sen coñecer a derrota. Dende o inicio desta tempada so perdeu un encontro. Dos 17 partidos suma 11 vitorias e cinco empates. Mantense líder de grupo e seguirá loitando. Esta semana será unha das de alto rendemento. Logo da vitoria do domingo, hoxe mesmo viaxaban a Salamanca para rematar o encontro suspendido co Guijuelo, no que ademais tiveron un susto con Pol Bueso, xa de novo a pleno rendemento.

Os 20 minutos que restan do encontro xogaranse mañá mércores, ás 17:00 horas. E o domingo, derbi galego co Bergantiños.

OZOCOgz Deseño Galego