Marina Ortega do grupo socialista denuncia que a mala xestión, recortes e falla de investimento da Xunta provoca que o 84 por cento dos dependentes renuncien a solicitar as axudas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Marina Ortega sinala que “non hai maior fracaso que a cidadanía renuncie a un dereito que ten dispoñible” e esixe o reforzo “significativo” dos equipos de valoración da Dependencia

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2023. A portavoz de Política Social do Grupo Socialista alertou hoxe de que a “mala xestión, recortes de falla de investimento en Dependencia” por parte da Xunta provocan que Galicia sexa a Comunidade Autónoma na que menos se solicitan estas axudas. No debate dunha proposición non de Lei no Pleno do Parlamento, sinalou que “non hai maior fracaso que a cidadanía renuncie a un dereito que ten dispoñible”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A responsable socialista fixo alusión ao informe do Imserso publicado en 2022 que revela que o 84 por cento dos potenciales dependentes galegos renuncian a solicitar as axudas da Xunta. Ortega presentou unha proposición non de Lei para esixirlle á Xunta o reforzo “significativo” dos equipos de valoración da Dependencia e dos servizos sociais comunitarios, reforzando o sistema co obxectivo de aumentar o número solicitudes destas axudas.

Advertiu que Galicia é hoxe unha das comunidades autónomas que menos recursos destina á Dependencia, ata o punto de que a Asociación de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais os acusan de “facer caixa” co servizo.

A responsable socialista alerta ademais de que os galegos e galegas dependentes teñen que agardar unha media de 365 días para resolver a súa solicitude, duplicando o máximo marcado por Lei, a pesares de que ten agochadas e “fora do sistema” preto de 10.000 solicitudes que non figuran nos rexistros oficiais.

Alerta de que a falla de investimento en Dependencia resulta máis grave en Galicia con relación ao resto de gobernos autonómicos, por canto “temos un envellecemento máis acusado e polo tanto maior porcentaxe de persoas dependentes”. Ademais, alertou de que a descoordinación entre as áreas do goberno galego “supón un caos, e a falla de dilixencia e de sensibilidade págana os que se atopan en maior vulnerabilidade”.

Acusou a Rueda de seguir a doutrina de Feijóo e de Rajoy, que recortou 4.600 millóns de euros en Dependencia, mentres o presidente galego “asubiaba para arriba practicando o silencio administrativo”. Tivo que chegar o goberno presidido por Pedro Sánchez, sinalou, para reverter a demolición das axudas á dependencia e pasar a duplicar a aportación estatal.