A Deputación e a Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao analizan novos proxectos de cooperación

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, reuniuse esta mañá no Pazo Provincial con José Antonio Rodríguez Araújo, presidente da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao reelixido en decembro ao fronte desta entidade ata 2026.

O encontro serviu para abordar as liñas de colaboración abertas entre a institución provincial e a asociación empresarial, ademais de analizar novos proxectos enmarcados na “dinámica de cooperación que mantén a Deputación con todo o tecido asociativo ourensán e, neste caso, cunha entidade referencial que potencia o gran pulmón industrial de Galicia”, segundo sinalou Manuel Baltar, que tamén quixo recoñecer “o excelente traballo” de José Antonio Rodríguez Araújo na presidencia desta entidade.

AVANTAR ACTIVIDADES