O Centro Sociocomunitario prepara unha ampla programación para febreiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Centro Sociocomunitario do Carballiño prepara un amplo programa de actividades para o vindeiro mes de febreiro. Ofrecerán un taller de pintura acrílica os venres pola mañá; os días 6, 13, 16 e 23 de febreiro, un taller de elaboración artesanal de xabóns de San Valentín e de cremas de autocoidado persoal; os mércores, un taller de dixitalización, aplicacións móbiles e caixeiros automáticos. O venres 17 celebrarán unha festa de entroido infantil e o domingo baile de entroido cun dúo musical.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Estas actividades teñen o aforo cuberto, aínda que no caso do de novas tecnoloxías apliárono e aínda están a tempo de inscribirse todos os interesados.

Son moitas as persoas, de todas as idades, que desfrutan destas actividades. Os socios coinciden en que este é un espazo ideal para socializar e animan a todos a acudir.

Outras persoas, en lugar de acudir ás actividades programadas, veñen a xogar e desfrutar da tarde con outras persoas, como a mellor opción para os que están sos.