Onte pola tarde, os sindicatos CIG, CCOO e UGT de Ourense convocaban unha manifestación en defensa do dereito á folga e contra a suposta “represión” sindical en GRI Towers, fábrica de compoñentes para a industria eólica. A marcha partiu da estación de ferrocarril e rematou diante do Concello.
A empresa denunciou a catro empregados por danos valorados en 138.000 euros nunhas torres eólicas danadas con pintura, algo que ós sindicatos parécelles “desproporcionado”. Lembran os sindicatos que a represión sindical constitúe unha vulneración de dereitos fundamentais.
Unha vez na praza do concello, reuníronse co alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, quen os recibiu e escoitou a súa petición, cuxa intención é que todo se resolva da mellor forma para as dúas partes.